O Náutico cae co Sant Pere e Sant Pau por tres sets a un

    BOIRO> Nova derrota do Náutico Boiro Voleibol na fase de ascenso á máxima competición do voleibol nacional, a Superliga 1. Nun partido moi disputado, con parciais de 25 a 22 no primeiro set, 26 a 28 no segundo, 32 a 30 no terceiro e 25 a 23 no último e definitivo set o Náutico Boiro Voleibol caía en Tarragona contra o Sant Pere e Sant Pau. Rival co que os boirenses se xogarán a praza de ascenso que queda, despois de que o Lilla Grau de Castellón, lograra esta pasada fin de semana a súa clasificación matemática para xogar o ano que vén na Superliga 1, despois da súa cuarta victoria consecutiva nesta fase de ascenso. O próximo encontro dos de Emilio Palacio, que ocupan a terceira praza da clasificación con cinco puntos, con opcións aínda de ascenso, será este próximo sábado no pavillón da cachada ante o Intasa San Sadurniño ás cinco e media da tarde.