Vinte boirense fórmanse en materia de xestión forestal

BOIRO> Vinte alumnos iniciaron esta semana a súa formación no obradoiro de emprego de Boiro que imparte dúas especialidades en xestión forestal. O alcalde achegouse esta mañá ata o centro de formación de Espiñeira para saudar ós participantes e coñecer de primeira man a organización deste obradoiro.

Durante doce meses adquirirán a capacitación profesional necesaria, acreditada mediante un certificado válido en todo o territorio nacional.

Nestas primeiras semanas abordarán contidos teóricos e realizarán un curso de prevención de riscos laborais. As sesión prácticas darán comezo cara finais de ano.

Actuarán principalmente en tres puntos que precisan dunha maior conservación: a contorna do Pazo de Goiáns, os castros de Neixón e o treito do camiño A Orixe que discorre polo municipio de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí