POBRA> O BNG da Pobra recorre ó Parlamento Galego para que se arranxe a rúa Fernández Albor e a súa continuidade ata o paseo dos Areos. Estas zonas, que pertencen a Portos de Galicia, representan un perigo para os veciños polo seu mal estado. O deputado autonómico, Xosé Luis Rivas interesarase pola súa situación na Cámara. O BNG da Pobra levará ao Parlamento Galego o mal estado das rúas Xerardo Fernández Albor e a súa continuidade ata o paseo dos Areos. A zona está en mal estado, co firme cheo de fochancas, o que representa un perigo tanto para os peóns coma para os vehículos. Segundo explican os nacionalistas a conservación do lugar depende exclusivamente de Portos de Galicia, que non “asume as súas responsabilidades”. O deputado autonómico Xosé Luis Rivas achegouse á Pobra para a comprobar o deterioro destas rúas.
Inicio BARBANZA