Sae á luz “Periodistas en los callejeros de Barbanza, Noia y O Sar”

    RIBEIRA> O volume, cunha tirada de dous mil exemplares, foi editado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Asociación da Prensa da Coruña. Non foi unha casualidade que a presentación oficial do libro “Periodistas en los callejeros de Barbanza, Noia y O Sar”, o sexto volume dunha colección impulsada pola Asociación da Prensa da Coruña e publicada pola Deputación da Coruña, se celebrara no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira, unhas instalacións que levan precisamente o nome dun xornalista dos máis destacados do municipio. No acto tomou parte a vicepresidenta da institución provincial, Mariel Padín, que destacou a idoneidade desta colección que recoñece os valores dun total de 39 xornalistas das comarcas do Barbanza, Sar e Muros-Noia. O presidente da Asociación da Prensa da Coruña, Manuel González, fixo referencia a que a idea de lanzar esta colección naceu no ano 2007. Tamén tomou parte na presentación o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, que agradeceu ó colectivo xornalístico e á entidade provincial a oportunidade desta publicación para dar a coñecer persoas senlleiras do mundo das letras. No acto tamén estiveron presentes a práctica totalidade dos alcaldes destes tres comarcas.