A POBRA> A Mancomunidade Barbanza Arousa procedeu á instalación das estacións de bicicletas eléctricas nos catro concellos. O obxectivo é fomentar a mobilidade sostible intercomarcal a través deste servizo de préstamo que estará xa operativo nas próximas semanas.
Finalizada a instalación das estacións de recarga das bicicletas eléctricas nos catro concello de Barbanza Arousa. Trátase dun proxecto da Mancomunidade, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino, que busca favorecer a mobilidade sostible e ecolóxica co préstamo destes vehículos que ademais poderán recollerse e entregarse en distintos concellos.
A instalación das novas estacións, que entrarán en servizo nas próximas semanas. non estivo exenta de polémica. Na Pobra pola súa proximidade a unha zona de especial protección patrimonial, moi próxima á Torre de Bermúdez, polo que xa se están a estudar posibles modificacións.
Á marxe da substitución ou retirada destes elementos, non se descarta a busca dun emprazamento alternativo que non afee a contorna protexida.











