Comezan os aperitivos da Festa da Raia de Portonovo con “Pincho e Raia”

    SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou esta mañá na Confraría de Portonovo a primeira edición de “Pincho e Raia”. Un evento culinario que nas fins de semana de abril servirá de antesala á tradicional “Festa da Raia” que terá lugar a finais dese mes. Só polo recendo que desprendía esta mañá a Confraría de Portonovo, ante a presenza de semellantes delicatesen a base de raia, a recomendación para asistir á vixésimo segunda Festa da Raia de Portonovo, está máis que asegurada. Pero como ésta aínda se celebrará os próximos 29 e 30 de abril, este ano desde o concello decidiron agasallarnos cun adianto do maís saboroso. Trátase da iniciativa “Pincho e Raia”. Sorpresa de Raia, Tres en Raia, Crocante de Raia, Rolioñ de Raia con salsa de champiñóns e langostinos ,raia empanada son ali oli…e así ata 16 tapas a base deste exquisito manxar, tantos, como locais participan en Pincho en Raia. A idea é que durante as f semanas previas á Festa da Raia, tanto visitantes como nativos visiten Portonovo para ter un pequeño aperitivo do que se aveciña. Desde hoxe, os venres, sábados e domingo de abril, por un prezo de dous euros, poderán gozar deste pinchos de raia, sen esquecferse de cubrir o pasaporte nun mínimo de 8 locais, e así poden entrar tamén no sorteo. Os premios son un televisor, un curso de fotografía e outro de iniciación ó piragüismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/presentacion_pincho_raia_sanxenxo_31032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/presentacion_pincho_raia_sanxenxo_31032017.mp4{/flowplayer}