Durán anuncia accións legais contra a Deputación pola anulación da variante de Baión

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, anuncia que estudará medidas legais contra a Deputación de Pontevedra pola anulación do contrato da estrada de Baión. A entidade provincial anunciaba onte que tomaba esta decisión por graves irregularidades na tramitación da mesma. “Delictiva, e por motivos políticos”, así definiu esta mañá o alcalde de Vilanova a decisión da Deputación de Pontevedra de anular o contrato da variante de Baión coa empresa adxudicataria. Esta obra fora atribuida en xullo de 2015 polo goberno de Louzán en funcións, coa empresa COVSA por un importe superior a 1 millón de euros. Gonzalo Durán afirmou esta mañá que de levarse a ca bo a anunciada paralización, asegura que se caerá nunha ilegalidade. Desde a Deputación aseguran que a decisión se debe a que o informe carece de avaliación ambiental simplificada, e outras irregularidades. Durán asegura que isto non é así. O alcalde asegura que están en conversas con outros alcaldes da provincia que se viron afectados por decisións destes tipo, para tomar as medidas legais precisas. E asegura que teñen constancia de presións a funcionarios. Desde a entidade provincial aseguran que xa está contratada unha asistencia técnica para mellorar o vial xa existente, pero con grandes diferenzas co proxecto inicial: instalación de pasos elevados e a ampliación nalgúns tramos, entre outras cuestións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/alcalde_vilanova_paralisis_baion_31032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/alcalde_vilanova_paralisis_baion_31032017.mp4{/flowplayer}