Douscentos libros para ler e intercambiar de balde

    cruzando_libros_100_300610.jpg VILAGARCÍA> Esta é a esencia de ‘Cruzando Libros’, unha inciativa na que colabora o CIM e que busca fomentar a lectura en galego entre a poboación feminina.

    {flowplayer}images/salnes/CRUZANDO_LIBROS.flv{/flowplayer}
     
    Preto de 200 libros entre os que se poden atopar desde historias de misterio, ata literatura infantil ou mesmo unha guía sobre a Semana Santa en Galicia. Todas están xa dispoñibles neste estante situado nas dependencias da concellería da Muller de Vilagarcía. Forman parte do programa ‘Cruzando Libros’, unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración coa consellería de Cultura. Para participar non fai falta cumprir ningún requisito. Tan só achegarse en horario de mañá ó concello e recoller o libro que desexen ler. Non hai límite de prazo para entrega.Unha vez completada a lectura só o teñen que depositar de novo neste estante.
     
    Unha vez rematada a lectura, os usuarios poden deixar as súas impresións sobre a obra en internet, na páxina web www.cruzandolibros.es. Para iso deberán introducir un código de identificación que figura na primeira folla de cada libro, e acceder tamén ós comentarios deixados por outros lectores.
     
    Tódolos libros están en galego e o uso que se faga deles é gratuíto.
     
    Redacción Salnés