Un vilagarcián en paro gaña 261.000 euros na Primitiva

    primitiva_copia.jpgVILAGARCÍA> Cinco acertos mailo complementario nunha Primitiva, fixeron a un vilagarcián, vivir un pouquiño mais tranquilo.

    {flowplayer}images/salnes/primitiva.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Cinco acertos mailo complementario nunha Primitiva, fixeron a un vilagarcián, vivir un pouquiño mais tranquilo. O afortunado, un home de mediana idade, casado, con fillos e en paro, gozará amplamente dos máis de 260.000 € que lle tocaron.

    Parece que o 5 é o número que persegue á administración número 5 de Vilagarcía, segundo á súa administradora. O do sorteo deste sábado é o cuarto premio importante que entregan e todos, foron con cinco acertos e mailo complementario. O afortunado gañador de 260.677 non soubo o sábado que lle tocara a Primitiva. Coñeceu onte a noticia na mesma ventanilla da administración.

    Compartir a ledicia co gañador é tamén motivo de celebración para esta administradora de Vilagarcía que se fundiu nunha aperta co afortunado.

    Os clientes tamén celebran que o premio se entregara na súa administración habitual, de feito, as ventas aumentan cada vez que unha ventanilla reparte un premio, sen embargo, parece que o boom, é efímero.

    Tres euros, nun billete de tres apostas cuberto de forma automática, propiciou o premio a un home de mediana idade, casado e con fillos e actualmente en situación de desemprego… unha aventura que moitos quixéramos vivir.

    Redacción Salnés