Folga de ambulancias contra os recortes de persoal e servizos

    folgaambulancias copia.jpg SALNÉS> Dende os sindicatos denuncian que este reaxuste afectará a 2.500 traballadores e empeorará a calidade da atención sanitaria.

    {flowplayer}images/salnes/FOLGA_AMBULANCIAS_SALNES.flv{/flowplayer}

    O paro foi convocado por tódolos sindicatos dende esta medianoite ata o remate do día para os traballadores das ambulancias de toda a Comunidade. Os recorets consistirán na redución do servizo nocturno do 061 en 5 ambulancias galegas nas provincias de Foz, Baiona, Marín, Ponteareas e Vigo. Dende o Sergas aseguran que se trata dun mellor aproveitamento de recursos e que garante a cobertura das necesidades dos cidadáns. Mentres os traballadores denuncian que aumentará as carencias actuais da asistencia sanitaria. A primeira das consecuencias dos recortes será o aumento do tempo de espera dos enfermos no caso de emerxencia.

    Durante a xornada de paro, os traballadores cumpriron cós servizos mínimos establecidos, a pesares de consideralos excesivos.

    Ademais da concentración diante do hospital do Salnés, tamén houbo mobilizacións na Coruña, no Hospital Materno Infantil e en Vigo. no Hospital Xeral Os sindicatos esperan unha resposta da administración, e anuncian novas actuacións de non cumprirse as súas demandas.

    Redacción Salnés