Os pais da unitaria de Lantaño denuncia a situación de abandono do centro

    PORTAS> As escolas unitarias fan unha importante labor na educación dos cativos do rural. Este martes acudimos a de Lantaño, en Portas, onde os pais dos alumnos que alí aprenden antes de ir a “escola de maiores”, fixeron un chamamento o concello para acometer unhas pequenas melloras no centro educativo marcado polo paso dos anos. Esta é a escola unitaria de Lantaño no concello de Portas. Aquí aprenden uns 9 alumnos de media anualmente, cousas tan importantes como os colores, os números ou o abecedario. En definitiva asentan as bases do que aprenderan na primaria. A pesar da importancia de este tipo de escolas e dos anos que levan en activo, dende esta en concreto teñen unha petición moi clara para o concello. O mal estado das cañeiras do centro e a antigüidade das ventás, entre outras, son as denuncias que os pais dos alumnos denuncian, desta escola que os viu medrar. Durante a nosa visita membros da comunidade educativa admitiron que a parte traseira da escola acumulaba ata estes días lixo e escombros varios, que na actualidade xa están sendo retirados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/unitaria_portas_desfeita_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/unitaria_portas_desfeita.mp4{/flowplayer}