O BNG denuncia o retraso das obras no campo de fútbol de Vilalonga

    campofutbolrevel3_100_270307.jpgSANXENXO > Segundo o BNG, o goberno de Sanxenxo continúa ‘difunde promesas ficticias’ que non dá cumprido.

    O BNG de Sanxenxo asegura que hai case un mes o PP anunciou nos medios de comunicación o inicio das obras no campo de fútbol do Revel, en Vilalonga, que, supostamente, comezarían co replanteo do terreo. A día de hoxe, a única obra que se pode percibir nos terreos foi a instalación da caseta de obras, pero non hai rastro nin dos operarios nin da maquinaria necesaria para levar a cabo os traballos.

    Segundo o BNG, onte procedeuse a colocar un enorme panel anunciador do proxecto, pero as obras seguen sen avanzar. O proxecto está adxudicado á empresa Covsa por un valor de 540.000 euros, aínda que de momento nin se remexeu a terra do solar.

    campofutbolrevel2_300_270307.jpgTamén hai que ter en conta que as obras deberían ter comezado hai meses, pero ‘a causa da mala xestión da grupo de goberno do PP á hora de negociar a venda dos terreos’, os veciños terán que agardar moito, antes de poder desfrutar das instalacións, xa que o propietario do clube hípico continúa sen abandonar os terreos. ‘Como se pode comprobar’, di o BNG, ‘o anuncio non foi más ca outra das múltiples accións que o PP ven levando a cabo de cara ás próximas eleccións’ e nas que inclúen tamén o anuncio do inicio das obras da futura cidade deportiva.

    En troques, os nacionalistas recordan que prometeron un compromiso de Medio Rural para executar as obras de saneamento do lugar da Torre que xa se están executando.

    Redacción Salnés