![]()
CALDAS > Entre hoxe e mañá desenvólvense as labores de selado e acondicionamento dun vertedoiro incontrolado en San Clemente.
Esta mañá comezaron os traballos de selado e acondicionamento dun vertedoiro incontrolado no lugar de Faramentáns, na parroquia de San Clemente. A empresa para o Desenvolvemento Forestal, Emdesfor 2002 encárgase da retirada de residuos tóxicos, basicamente plásticos, gomas, ou metálicos. Mañá ten previsto rematar os traballos, co plantado na zona de diversas árbores frondosas, co obxectivo de acondicionalo ó seu medio natural.
Concello en obras
A corporación municipal de Caldas reunirase a partir deste mes no auditorio municipal por mor das obras que se están a realizar na casa consistorial. A sesión deste venres será a última que se desenvolva no salón de plenos, xa que durante a reforma, neste espazo situaranse as oficinas de Urbanismo. Outro departamento que está xa desaloxado é o de Medio Ambiente. A casa do concello estará en obras durante catro meses. Polo de agora os operarios traballan na limpeza da fachada exterior.
Redacción Salnés








