Ravella encargarase da área recreativa de Fontefría

    fontefria_copy100.jpgVILAGARCÍA> O mantemento durará quince anos, segundo o convenio asinado hoxe entre o concello e a Comunidade de Montes de Cea.

    {flowplayer}images/salnes/AREA_RECREATIVA_FONTEFRIA.flv{/flowplayer} 

    A piques estivo de desaparecer esta área recreativa situada nas ladeiras do Monte Xiabre. O mantemento do espazo para o goce de turistas e veciños supoñía ó ano o desembolso de miles de euros que a Comunidade de Montes de Cea, propietaria dos terreos, era incapaz de asumir. A pinga que colmou o vaso foi unha carta procedente da Consellería do Medio Rural na que se lles obrigaba por lei a limpar e acondicionar a zona. Os comuneiros responderon á misiva con outra carta na que instaban á Xunta que se fixeran cargo destes traballos, O mesmo pediron ó concello. Non obtiveron resposta, co que convocaron unha asemblea.

    Tanto Julián coma os preto de cincocentos socios da Comunidade de Montes de Cea amósanse satisfeitos pola medida adoptada. Cren que dará vida ó bosque, ó ser unha zona moi visitada.

    Ademais, o concello de Vilagarcía pretende potenciar este espazo como destino turístico, abrindo rutas de sendeirismo que conecten os petroglifos do monte Xiabre coas cataratas de Fontefría e o embalse do Con.

     Redacción Salnés