#Aula chega a Pontevedra para formar aos alumnos audiovisuais

    PONTEVEDRA> En Pontevedra, concretamente na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación, tivo lugar a presentación dun novo programa formativo recollido dentro do Festival Novos Cinemas. Dende a organización de AULA, como así se chama este espazo, esperan que contribúa a formación dos alumnos. O novo programa de formación audiovisual #Aula non está destinado só a universitarios da rama audiovisual, senón a escolares a poboación en xeral. Este é un programa que servirá de complemento ao Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que se celebrará do 27 de xuño ao 1 de xullo. O realizador Oliver Laxe chegará a cidade do Lérez, para encabezar o taller “Correntes” despois de facerse co premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes. #Aula divídese tres partes; #Aula+Novos para escolares; #AulaCreas2i para os universitarios e #Aulaaberta para a cidadanía en xeral. Durante este mes, e dentro do espazo reservado para estudantes haberá talleres e charlas sobre a xoguetería óptica ou orixes do cine, entre outros, levaranse a cabo en diferentes centros educativos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/festival_cine_facultade_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/festival_cine_facultade_pontevedra.mp4{/flowplayer}