Os populares critican a falta de comunicación co alcalde de Sanxenxo

    SANXENXO> O voceiro do Partido Popular de Sanxenxo critica a falta de comunicación do alcalde do municipio coa oposición. Telmo Martínez denunciou esta mañá que a estas alturas do ano o equipo de goberno aínda non contactou cos populares para falar sobre os orzamentos deste ano. O voceiro popular no municipio de Sanxenxo quixo esta mañá deixar claro ante a prensa a súa desconformidade coa actitude que o actual goberno do concello, o tripartito liderado polo independente Gonzalo Pita. Asegura que a falta de comunicación coa oposición é total, e que a estas alturas do ano no houbo ningún contacto para os temas máis esenciais do municipio. Martínez lembrou que o partido popular conta con 8 concelleiros, e o partido q ue lidera o tripartito só 4, polo que é a súa obriga falar coa oposición e dialogar os asuntos máis relevantes para os veciños de Sanxenxo. Telmo Martínez afirmou esta mañá que coa actitude do alcalde, o que está facendo é prexudicar os intereses comúns do concello, e que nestes case dous anos de goberno Gonzalo Pita está dando prioridade ó seu interese persoal e non ó interese xeral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/telmo_sanxenxo_orzamentos1_05042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/telmo_sanxenxo_orzamentos1_05042017.mp4{/flowplayer}