A lección desta xornada: a prevención dos lumes

Pontevedra> Os alumnos do CEIP de Tenorio coñeceron de primeira man o funcionamento da base aérea de defensa contra incendios do Campiño, en Pontevedra. Unha visita onde os profesionais deste espazo concienciaron, a estes estudantes, do importante que é previr os lumes ao longo de todo o ano. Preto de 500 escolares da provincia pasan ao longo do ano pola base aérea de defensa contra incendios do Campiño, en Pontevedra. Hoxe tocoulles a quenda aos estudantes do CEIP de Tenorio. O obxectivo destas visitas é o de concienciar aos máis novos da importancia que ten prever os lumes. E os máis pequenos encantados con esta visita, o grande favorito da xornada, o helicóptero. O alcalde de Cerdedo e Cotobade e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén coincidiron en afirmar o importante que é concienciar aos nenos da prevención de incendios. Unha visita onde os pequenos puideron coñecer máis sobre a importante función que desenvolven estes profesionais na extinción de incendios. Dende a Xunta anunciaron que na época estival Pontevedra contará con 3 bases para helicópteros e con máis de 5 mil efectivos que loitarán contra o lume. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/base_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/base.mp4{/flowplayer}