318.000 euros para mellorar camiños rurais na comarca de Caldas

    PORTAS> A Xunta sufragará traballos de recuperación de vías de comunicación e accesos a fincas e explotacións. A novidade da convocatoria é que as subvencións se outorgarán directamente ós concellos, e as contías variarán en función de variables como número de habitantes, superficie ou grao de despoboamento. A consellería do Medio Rural pretende impulsar a viabilidade e produtividade das explotacións agrícolas da comarca de Caldas, así como mellorar a calidade de vida dos veciños do rural. Neste obxectivo encádrase a nova liña de axudas presupostada en 318.326 euros que os concellos da comarca se repartirán como parte do Plan Marco de Mellora de Camiños de titularidade municipal. Xunto coas concentracións parcelarias, a mellora de accesos a parcelas e explotacións constitúe segundo a Xunta unha medida vital para contribuír ó impulso e mantemento dun sector chave para a economía da zona. Así o destacou o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que puxo especial acento na importancia da actividade vitivinícola. Segundo destacou Tourís, a peculiaridade desta convocatoria é que as axudas se concederán directamente a cada un dos concellos Mancomunados, con contías que variarán en función das súas características, como habitantes, grao de despoboamento ou incidencia da actividade agraria. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/caminosruraisportas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/TOURIS_CAMINOS_RURAIS_PORTAS141113.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí