Nueva Pescanova súmase á Alianza Galega polo Clime

O GROVE> Nueva Pescanova súmase á alianza galega polo clima. Dende a Xunta valoran de forma moi positiva que unha empresa tan grande e dedicada ao sector do mar se sume a esta alianza mostrando o seu compromiso contra o cambio climático. A compañía adquire agora uns compromisos como reducir as emisións, empregar enerxías renovables e a concienciación nas súas prácticas diarias.

Coa sinatura deste convenio, a empresa Nueva Pescanova certificou, na súa sede do Grove, a súa adhesión á Alianza Galega polo Clima. Esta alianza, busca o compromiso das empresas, organizacións e asociacións para traballar en común na loita contra o cambio climático. Dende a Xunta valoraron de forma moi positiva a adhesión dunha empresa tan grande como Nueva Pescanova.

Con este acordo, a empresa adquire uns compromisos para mellorar as súas tarefas tendo en conta o coidado do medio ambiente.

Coa adhesión de Nueva Pescanova xa son 60 as empresas, asociacións ou organizacións integradas na Alianza Galega contra o Clima. A Xunta agarda que esta alianza sirva como exemplo para a sociedade e que todos os seus membros traballen para reducir as emisión e conseguir a neutralidade climática no 2050.

Os traballos realizados para reducir as emisións xa comezan a dar os seus froitos. Os datos do pasado ano 2022 mostran que as emisións reducíronse nun 36% nos últimos 20 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí