Un convenio permitirá mellorar a saúde bucodental daqueles nenos máis desfavorecidos

BOIRO> A Asamblea da Cruz Vermella de Boiro vén de asinar un convenio de colaboración coa Clínica Dental Rebeca Ozores. O acordo permitirá mellorar a saúde bucodental de medio cento de rapaces de familias desfavorecidas do municipio.

A asemblea local da Cruz Vermella de Boiro e a Clínica Dental Rebeca Ozores asinaron un convenio de colaboración que ten coma principal obxectivo mellorar a saúde bucodental dos nenos daquelas familias máis desfavorecidas que reciben axuda da entidade.

A través do acordo, cunha duración inicial dun ano, a clínica proporcionará servizos variados entre os que se atopan o selado de moas, ou reconstrucións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí