Lousame manterá as mesmas dedicacións que no anterior mandato

LOUSAME> Este mércores celebrouse o pleno de organización no que se aprobaron as dedicacións de cara ó presente mandato. Manteranse as mesmas que en 2019. unha exclusiva para a alcaldesa Teresa Villaverde e dúas parciais, para os concelleiros Ramón Martínez e Silvia Agrafojo. Na sesión tamén se acordou a periodicidade das sesións plenarias que se celebrarán cada dous meses e as retribucións por asistencias a órganos colexiados.

Lousame celebrou onte pola noite o pleno de organización. O PP seguirá mantendo a maioría absoluta con seis concelleiros, por catro do PSOE e un do BNG. esa maioría serviulle ós populares para sacar adiante o réxime de dedicacións que será o mesmo que o do manda      to anterior. Unha dedicación unha exclusiva de 40.000 euros brutos anuais para a alcaldesa Teresa Villaverde e dúas parciais, de 16.800 euros cada unha, ata finais deste ano, pero que a partir de 2024 se verán incrementadas ata os 21 mil euros cada unha.

Na sesión tamén se acordaron as retribucións por asistencia a órganos colexiados que se mantean igual ca estes últimos catro anos 100 euros por asistencias a Pleno e 90 por asistencias a Xuntas e Comisións. Outro dos puntos acordados foi a periodicidade dos plenos que volverá a ser cada dous meses, adiantándose ós xoves en lugar dos venres como o ata de agora.

Durante a sesión a alcaldesa deu conta tamén da nova composición do goberno que quedará organizada en 9 grandes áreas, das que a rexedora asumirá as competencias propias da Alcaldía, Urbanismo e Persoal. As outras áreas serán asumidas polos tenentes de alcaldesa. Esteban Ares García encargarase de Economía, Facenda e Tramitación Administrativa; Silvia Agrafojo de Servizos Sociais, Igualdade, Xuventude e Educación e Cultura, así como Sanidade e Deportes; mentres que Ramón Martínez levará Obras e Servizos, Alumeados e Telecomunicacións, Infraestruturas Viarias, Seguridade Viaria e Parque Móbil, ademais de Medio Ambiente, Medio Rural e Protección Civil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí