![]()
PONTEVEDRA> O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, afirmou que o Plan Ordenación do Litoral, ven a protexer e ordenar, non a destruír.
{flowplayer}images/salnes/PLAN_ORDENACION_LITORAL.flv{/flowplayer}
O conselleiro, que estivo acompañado polo delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, es polo director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, afirmou que o executivo galego, está a traballar para poñer a disposición dos cidadáns, un Plan do Litoral que protexa os valores paixasísticos e ambientais. Agustín Hernández sinalou que o Concello de Pontevedra non está colaborando para sacar adiante o proxecto.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, lanzou unha mensaxe ós cidadáns asegurando que non teñan ningunha dúbida de que o Plan Litoral non vai destruír nin tirar nada. É unha resposta ós datos, segundo Hernández, erróneos que se está a trasladar dende o grupo de goberno do concello de Pontevedra.
O plan de ordenación do litoral atópase actualmente na fase de consultas ós concellos, previa á súa aprobación inicial, acto que determinará o comezo da súa tramitación.
Redacción Salnés








