O BNG de Ribeira demanda un mellor mantemento dos semáforos

RIBEIRA> Despois de que o BNG presentase unha queixa ante o mal estado en que se atopaban os semáforos do Malecón, o concello procedeu á súa reparación. Aínda así, dende a formación nacionalista insisten en que non se trata de casos illados senón que a falla de mantemento nestes elementos de regulación do tráfico é unha constante no municipio. Os nacionalistas non se opoñen, nin moito menos, á regulación do tráfico mediante semáforos xa que a consideran positiva. Iso sí, inciden na necesidade do seu mantemento para previr accidentes.