Poio, disposto a pagar o custo das expropiacións para mellorar a PO-308

POIO> Continúan as reaccións trala morte do ciclista o pasado domingo nun atropelo na PO-308. Hoxe, foi o goberno de Poio o que esixiu medidas urxentes de seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica. Aseguran que a cesión voluntaria dos terreos que pretende o goberno galego non é operativa, así que reclaman á consellería que comece as expropiacións. Un proceso que o concello de Poio está disposto a sufragar. Deste xeito, expresábase a alcaldesa en funcións de Poio para reclamar á Xunta que actúe na PO-308, da súa titularidade. Dende os anos 90 as queixas pola falta de seguridade nesta vía sucédense, e reaviváronse este domingo tralo atropelo mortal dun ciclista. O goberno poiense reclama á Xunta medidas urxentes de seguridade viaria. Aseguran que ata o de agora o executivo autonómico escudouse na falta de terreos, pero o concello reclama que se encarguen dos trámites de expropiación. Besada e Barreiro volveron reclamar unha vía alternativa á estrada da costa. Unha opción que na década dos 90 se plantexara cunha estrada pola saia do Monte Castrove. Finalmente, executaron a autovía do Salnés, que non conseguiu solucionar o problema da PO-308. A falta de beirarrúas, beiravías e de pasos de peóns son outras das cuestións que preocupan ao executivo local que denuncia que as súas peticións de reunións aínda non tiveron resposta dende a Xunta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/seguridade_po308_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/seguridade_po308.mp4{/flowplayer}