O Concello e a UVigo poñen en marcha “Falamos”, un programa que busca fomentar o uso do galego

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo únense para crear o programa “Falamos”. Unha iniciativa que busca fomentar o uso do galego entre os estudantes e que se poñerá en marcha no vindeiro curso escolar.

O Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo presentaron hoxe o programa “Falamos”. Un proxecto que nace co obxectivo de fomentar o uso do galego entre os estudantes do campus pontevedrés e, en especial, entre o alumnado do primeiro ano.

Segundo un estudo realizado por esta universidade no ano 2018, o 64% do seu alumnado é monolingüe en castelán e soamente un 18% utiliza o galego para comunicarse.

No programa Falamos crearanse espazos de socialización e poñeranse en marcha actividades lúdicas dirixidas a todo o alumnado.

O programa “Falamos” arrancará no inicio do vindeiro curso académico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí