Poio e Sanxenxo, coa incidencia acumulada disparada

 

PONTEVEDRA/O SALNES> Toda a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés está a rexistrar unha alta incidencia acumulada. Ningún concello está por debaixo de 250 casos por cada 100.000 habitantes, que é o limiar establecido para considerar que unha zona está en risco extremo pola covid-19. Concellos como Sanxenxo ou Poio mesmo cuadriplican ese nivel.

As autoridades sanitarias establecen que unha zona con máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes pode considerarse en risco extremo de coronavirus. Un dato que, en plena terceira onda, rachou nos concellos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Municipios como Sanxenxo ou Poio romperon con ese índice, cuadriplicando o dato.

En Poio, a incidencia acumulada a 14 días sitúase nos 2.300 casos por cada 100.000 habitantes. Con todo, os datos apuntan a unha lixeira estabilización. En Sanxenxo, mentres, o dato sitúase en algo máis de 1.000 csos

Tamén dato preocupante en Moraña, cunha incidencia acumulada nos últimos 14 días de 1.300 casos.

Meis é o seguinte municipio da área en rexistrar un mal dato. Rolda os 850 casos por cada 100.000 habitantes.

En Cuntis, a incidencia acumulada sitúase preto dos 700 casos. Na cidade de Pontevedra, entre tanto, está agora mesmo nos 630.

Vilagarcía nestes momentos rexistra unha incidencia de 430 casos.

O concello que mellor dato presenta en canto á incidencia acumulada é O Grove. Sitúase preto dos 260 casos por cada 100 habitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí