O inicio da rexeneración do porto noiés é cuestión de días

    NOIA> Todo listo en Noia para o inicio das obras de rexeneración da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia visitará o peirao onde xa está instalada a maquinaria para executar a primeira fase do dragado. A visita de José Juan Durán ten por obxecto das as últimas indicacións antes do inminente comezo dos traballos que permitirán dragar unha superficie duns vinte e cinco metros cadrados. A retirada dos residuos e dos lodos depositados nos fondos, que permanecerán temporalmente nunha balsa de decantación, permitirá recuperar a navegabilidade na zona portuaria. Aínda que o inicio desta actuación estaba previsto para o mes de decembro, o concello recolleu a petición da confraría de retrasala ata o peche da campaña marisqueira. Durante o desenvolvemento dos traballos realizarase a toma de mostraxes para constatar que as obras non poñen en risco as zonas produtivas. Esta primeira fase conta cun orzamento de preto de trescentos mil euros Enmárcase nun plan plurianual, presupostado en tres millóns de euros, a acometer en tres exercicios grazas ás achegas de Portos de Galicia e de Costas do Estado.