Os alumnos do CIFP Coroso viven os ralis da man de experimentados pilotos

    RIBEIRA> Os alumnos de automoción do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso achegáronse ós segredos do mundo dos ralis da man de destacados pilotos galegos. Fixérono no marco das Xornadas Motor Competición. A paixón polo mundo do motor que une ó equipo educativo do departamento de automoción do CIFP Coroso culminou coa organización destas xornadas. O obxectivo é achegar ós preto do oitenta alumnos do ciclo os pormenores das competicións automobilísticas. Ademais de observar as compoñentes e o mecanismo dos coches de rali, durante os tres días que duran as xornadas os alumnos terán ocasión de compartir as experiencias de destacados pilotos galegos. Esta mañá foron Manolo Senra e os irmáns Vallejo os que puxeron o aprendido na súa dilatada carreira ó servizo dos mozos ribeirenses. Nas próximas xornadas pasarán polo centro ribeirense outros nomes con grande peso nos ralis como Iván Ares ou Martín Bello.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí