A Pobra contará cun centro de acollida de animais abandonados

POBRA> O concello da Pobra contará cun centro de recollida de animais abandonados. Esta instalación, orzamentada en corenta e dous mil euros, financiarase con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental. O concello da Pobra destinará a subvención correspondente ó Fondo de Compensación Ambiental á construción dun centro de acollida de animais abandonados. Esta instalación emprazarae na parcela contigua á sede de protección civil e contará inicialmente cunha superficie de algo máis de cen metros cadrados, coa intención de ampliala nun futuro. Esta non é a única actuación que está a promover o goberno de Nós Pobra en materia de Benestar Animal. A próxima semana levará a pleno unha ordenanza sobre protección, tenza e venda de animais. Á espera de que se aprobe e entre en vigor o novo regulamento así como a posta en funcionamento do futuro centro, o concello traballará no desenvolvemento de protocolos de actuación para a recollida de animais. Na actualidade, telen habilitado un canil con casetas para cans e está previso a instalación dun novo.  Ademais de dotar ós corpos de Protección Civil do material necesario, fomentarán a formación cun novo curso sobre benestar animal promovido pola Deputación que se desenvolverá na Pobra durante o mes de abril.