RIBEIRA> A firma Laguerzza e o artista Manuel Ayaso irán da man na promoción do Camiño A Orixe, coa presentación do novo merchandising. O proxecto conta co respaldo do Concello e da propia Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Barbanza-A Orixe.
A oficina de turismo do Malecón foi o lugar escollido para a presentación dos novos produtos de merchandising sobre o Camiño do Barbanza A Orixe.
A iniciativa foi posible grazas á aposta realizada polas propietarias da firma local Laguerzza, Olga e Pura, e á implicación tamén do recoñecido artista Manuel Ayaso, que coas súas creacións porá imaxe ó proxecto.
A proposta conta co respaldo do Concello e tamén da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Barbanza-A Orixe.
Os produtos xa poden adquirirse, ademais da tenda de Laguerzza, na rúa Rosalía de Castro, en varios establecementos da localidade, e tamén nas oficinas de turismo local. Pero a iniciativa non queda aí, e os seus promotores agardan poder ampliala a máis establecementos do municipio e tamén a outros concellos que comparten tamén parte desta ruta a Compostela.