Os veciños da rúa Os Píos denuncian que o Kebab de Cambados continúa aberto

    CAMBADOS> O establecemento Kebab, situado na rúa Os Pios de Cambados, abriu durante toda a Semana Santa, eludindo a notificación de peche que lle fixo chegar o pasado día 12 o concello cambadés, en cumprimento dunha sentenza xudicial. Os veciños afectados, polos malos cheiros e os ruídos do local, continúan sen poder durmir polas noites. Hoxe acompañámolos a presentar un escrito de protesta no consistorio. Hai unhas semanas comprobabamos en primeira persoa, como este Kebab da rúa Os Pios de Cambados fai a vida imposible a vida destes veciños. Ruídos a altas horas da madrugada, e cheiros que entran por calquera burato dos seus fogares, debido a un problema na condución do aire. O pasado día 12 de abril, o concello de Cambados notificou ó xerente do local hostaleiro a orde de peche, mentres non se solucionan estes problemas. A orde cumpre unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra. Tras continuar sufrindo durante toda a Semana Santa, e onte mesmo, esta mañá acompañamos ós veciños afectados a presentar un escrito no concello cambadés. Esta mañá puidemos falar tamén co concelleiro de economía e comercio, que asegura que o concello non pode facer máis que acatar as sentenzas xudiciais, pero non facerse responsable de que o encargado do local non cumpra coa lei. O concelleiro explicou ademais que os veciños presentaron dúas demandas diferentes, e que nunha delas aínda non hai resolución. Os veciños contestan que os dous procesos son independientes, e que coa sentenza na man do Número 1 o local ten que permanecer pechado. Consideran tamén que o concello debería terse asegurado de que o Kebab cumpre coa notificación de peche que lle fixeron chegar. Coa polémica sobre a mesa, e á espera da cómo evolucionen os feitos, os malos fumes continúan nesta rúa dos Pios cambadesa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/continua_polemica_kebab_cambados_18042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/continua_polemica_kebab_cambados_18042017.mp4{/flowplayer}[social type=”facebook” opacity=”dark”]PLACE_LINK_HERE[/social]