Poio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros

Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base. No concello de Poio presentaron esta mañá as actividades que as 5 parroquias que conforman este municipio terán nos vindeiros meses. Dende este concello deixaron sobre a mesa o incremento orzamentario que para o deporte destinan neste ano. Un incremento que se fai notable no deporte base cun aumento na partida orzamentaria de máis de 31 mil euros. Dende o concello de Poio agardan poder aprobar estas contas e partidas no pleno do vindeiro mes. A concelleira desta área dixo esta mañá que estas cifras deixan patente que Poio aposta e móvese polo Deporte. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/poio.mp4{/flowplayer}

Comments are closed.