Os socios de Zona Aberta decidirán se cambiar os estatutos para aceptar a unión con Ahituvi

VILAGARCÍA> A directiva de Zona Aberta móstrase a favor da unión con Ahituvi. O que si sinalan, é que para poder levalo a cabo terán que ser os socios de Zona Aberta os que aproben unha modificación dos estatutos. Ambas asociacións están en contacto para estudar a mellor maneira para realizar a unión.

A unión entre as asociacións de hostaleiros e de comerciantes de Vilagarcía non se poderá realizar, ao menos por agora. Dende Zona Aberta recollen a petición de Ahituvi pero advirten que nos seus estatutos non se recollen locais hostaleiros.

Dende a directiva verían con bos ollos a posibilidade de unirse aos hostaleiros pero para iso teñen que seguir os trámites correspondentes co restos dos socios.

Dende zona aberta descoñecen por agora como serían os termos desa unión, se ahituvi se integraría dentro da asociación ou si contaría coa súa propia sección.

O que si que sinalan é que no caso de que se dea a unión, parte da directiva debería traballar en todas as normativas que afecten á hostalería.

Ao marxe da unión, a boa sintonía entre ambas asociación ven de moitos anos atrás. Durante a pandemia, os comerciantes se mobilizaron cos hostaleiros para apoiar as súas reivindicacións. Coa volta á normalidade, tanto Ahituvi como Zona Aberta están organizando diferentes actividades conxuntas para axudar a potencias os negocios da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí