A piques de esgotarse o prazo de resolución de Alfageme

    VILAGARCIA> Incertidume e sorpresa; estes son os sentimentos do BNG trala paralización da adxudicación de Alfageme

    {flowplayer}images/salnes/bng_alfageme.flv{/flowplayer}

    … tralo enésimo recurso interposto pola familia Lago, anterior propietaria da firma conserveira. Trala axuda de 33 millóns de euros da Xunta de Galicia e a apertura do prezo de presentación de propostas para o concurso de adxudicación da empresa, agora o proceso ven de paralizarse poñendo en suspenso así a resolución das tres candidaturas presentadas a dito concurso.

    Os nacionalistas denuncian que existe unha falla de compromiso por parte da Consellería de Economía e Industria en resolver estes problemas, o que lles dá a entender que detrás da figura do titular desta carteira, Javier Guerra, pode haber outro tipo de intereses que non son os de salvar os 150 postos desta conserveira do Salnés.

    É por isto polo que demandan explicacións urxentes do executivo autonómico. O prazo interposto polos administradores concursais remata o vindeiro día 18,data do último Consello da Xunta antes das eleccións; razón pola cal as traballadoras van a retomar as mobilizacións de inmediato, namentres o BNG fará o propio nos Concellos da contorna e no Parlamento Galego.

    O BNG non descarta que o PP prepare un golpe de efecto nas eleccións con este tema; unha resolución acaída no tempo que non serviría para que os populares gañasen puntos senón que se debería ó froito do intenso traballo de presión feito polas traballadoras ó longo dos últimos anos.

    Pola contra, desde o PP de Vilagarcía aseguraron que esta é unha actuación normal nun proceso administrativo; e que o BNG está a empregar politicamente este conflicto a súa conveniencia.

    Redacción Salnés