Unha andaina solidaria para unir Vilanova co Sáhara

    VILANOVA> A asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui traballa a contrarreloxo para conseguir os fondos que lles permitan sufragar os billetes de avión para manter o seu programa “Vacacións en Paz”. Con este obxectivo, o domingo preparan unha andaina solidaria que percorrerá diferentes puntos de Vilanova. Os veciños de O Salnés teñen este domingo unha cita coa solidaridade. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está a organizar unha andaina para recadar os fondos que lles permitan manter en marcha o seu programa “Vacacións en Paz”. A saída será ás 10 da mañá da praza do concello, cun trazado de 13 quilómetros apto para todos os públicos. O ano pasado, conseguiron convocar ao redor de 300 persoas; cifra que agardan mellorar nesta edición. O custo da inscrición é de 5 euros e poderá formalizarse por adiantado ou o mesmo día da andaina. Os cartos destinaranse ao pago dos billetes de avión que hai que aboar antes do 30 deste mes. A parte da andaina, Sogaps prepara un festival que se celebrará no Pavillón de Vilanova o propio día 30. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/andaina_solidaria_saharauis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/andaina_solidaria_saharauis.mp4{/flowplayer}