‘Os traballadores están ameazados e temen ser despedidos’

     despido_residencia_100_110510copy.jpg VILANOVA> CCOO e CIG denuncian que a patronal das residencias de maiores en Galicia está despedindo a delegados sindicais como presión para non cambiar o convenio.

    {flowplayer}images/salnes/DESPIDO_RESIDENCIA.flv{/flowplayer}
     
    Oito anos levaba traballando Manuel Bóveda na residencia Valle Inclán cando o pasado 31 de marzo finalizaron o seu contrato. A dirección alegou presunto maltrato a unha residente e faltas de respecto ós superiores, os únicos motivos, di, polos que se pode despedir a un delegado sindical coma el, neste caso de Comisións Obreiras, e membro ademais da mesa que está a negociar un novo convenio do sector en Galicia. O mesmo camiño seguiu Socorro Pena, traballadora de Geriatros en Laraxe, Ferrol, durante 11 anos ademais de delegada da CIG no centro. Os dous sindicatos aseguran que estes despedimento non son máis que unha manobra de presión por parte da patronal para non ceder ás melloras salariais e laborais que demandan. Artimañas que segundo apuntan, contarían co respaldo de UXT.
     
    Segundo os manifestantes o apoio de UXT á patronal evidénciase no caso da residencia Valle Inclán, onde, aseguran, foron afiliadas deste grupo as que realizaron as acusacións que motivaron o despido de Manuel Bóveda. Desde a CIG apuntan incluso que no caso de Socorro Peña, a dirección de Geriatros recoñeceu a improcedencia do despido.
     
    Na mobilización participaron representantes de comités de empresa da CIG e comisións chegados de toda Galicia. Sosteñen que a patronal ten amedrentados ós traballadores, ata o punto de que a dirección da Residencia Valle Inclán prohibiu ós seus empregados sumarse a esta manifestación baixo penas de sanción. A negociación do convenio leva parada desde o mes de abril e tanto o documento coma os despedimentos dos dous traballadores están xa en vías xudiciais. CCOO e CIG aseguran que seguirán coas mobilizacións.
     
    Redacción Salnés