SANXENXO> O Banco Médico Farmacéutico de Galicia e o concello de Sanxenxo colaboran nunha nova campaña para sensibilizar na loita contra o cancro. Un equipo de voluntarios están recorrendo as rúas da vila para informar á veciñanza sobre a recadacións de fondos para investir en tecnoloxía preventiva. A campaña levarase a cabo durante toda a semana.
Nun momento de crise sanitaria provocada por un virus, non podemos esquecer que hai moitas persoas que continúan padecendo outras enfermidades. Unha delas é o cancro. Coincidindo coa día mundial da investigación contra esta enfermidade, o Banco Farmacéutico de Galicia e o concello de Sanxenxo colaboran nunha campaña para sensibilizar na loita contra o cancro.
Dende o concello destacan a importancia de apoiar a loita contra esta enfermidade.
O Banco Farmacéutico e o concello teñen un convenio de colaboración para a obtencións de equipamentos médicos para a xente con menos recursos, como é o caso de audiófonos ou gafas. Un grupo de voluntarios percorre as rúas da vila para informar a xente sobre ambas campañas.
Banco Farmacéutico de Galicia ten en marcha unha campaña de recadación de fondos para investir en equipamentos e tecnoloxías destinas a combater o cancro.
Os voluntarios continuarán informando en Sanxenxo durante toda a semana. Proximamente a campaña trasladarase ao concello de Ribadumia.