Hugo, o novo chef de Casa Román

Pontevedra> Ata este domingo 30 de abril poden degustar a tosta máis solidaria en Casa Román, en Pontevedra. Trátase dun traballo realizado por Hugo e a súa nai que resultou ser o vencedor do II concurso gastronómico “En Aspace Cociñamos Xuntos”. Agora este restaurante da Boa Vila oferta esta tapa gañadora por 2,5 euros. Deste importe, un euro, será destinado a fins solidarios para adquisición de material adaptado as persoas con parálise cerebral usuarias de Aspace-Galicia. Hugo foi o gañador do II Concurso gastronómico “Es Aspace cociñamos Xuntas”. É o creador dunha tosta moi especial que ata este domingo 30 de abril podemos degustar no Restaurante Casa Román. Unha tosta que leva todos ingredientes… E ademais disto tamén lle engadíu un pouquiño de…. Tal e como nos dixo esta mañá Hugo a súa mamá e a súa tita axudáronlle un pouco na elaboración desta tosta tan sabrosa. Unha tosta ademais que é moi solidaria. Dende Casa Román están encantados con esta iniciativa e din que está funcionando moi ben a venda da tosta de Hugo. E non é para menos porque Hugo é todo un chef en maiúsculas Así que xa o saben se queren aportar o seu graniño de area para a adquisición de material adaptado as persoas con parálise celebral usuaruas de Aspace –Galicia poden facelo da mellor maneira posible, deguntando esta tosta no Restaurante Casa Román en Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/26/hugo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/26/hugo.mp4{/flowplayer}