Pontevedra conta dende hoxe cunha Plataforma de Afectados polo Covid

PONTEVEDRA> Pontevedra conta dende hoxe cunha Plataforma de Afectados polo Covid. O colectivo foi inscrito hoxe no Rexistro do Concello e conta xa con 1.100 empresas e particulares. O seu obxectivo: axudar a todo aquel que se estea afectado pola crise do coronavirus.

Con este Rexistro no Concello de Pontevedra, quedou formalmente constituída hoxe a Plataforma de Afectados polo Covid. Un colectivo do que forman parte xa unhas 1.100 empresas e particulares e que ten como obxectivo principal axudar a todos os que se están vendo prexudicados pola pandemia.

Os representantes da PAC quixeron deixar claro hoxe que son un colectivo apolítico e que as súas demandas diríxense tanto a administración local, como a autonómica e a estatal.

Esta Plataforma ten os brazos abertos a todo aquel que se queira unir as súas demandas. De feito, o colectivo poñerá en marcha unha campaña de firmas en diferentes establecementos da cidade.

Ademais de celebrar cada venres unha cacerolada, a Plataforma de Afectados polo Covid unirase o vindeiro luns a unha manifestación. A marcha arrancará ás 11:00 horas dende a delegación territorial da Xunta en Pontevedra e finalizará na Subdelegación do Goberno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí