“Non fagas o avión” coas deposicións da túa mascota

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra lanza a campaña “Non fagas o avión”. Unha iniciativa que busca concienciar aos donos dos cans da obrigación que teñen de recoller as deposicións das súas mascotas.

Concienciar e sensibilizar a cidadanía da obriga de recoller as deposicións dos cans. Ese é o obxectivo da última campaña impulsada pola concellería de Benestar Animal de Pontevedra.

A campaña “Non fagas o avión” conta co apoio de diferentes asociacións de animais de Pontevedra. Unha delas é a protectora Os Palleiros.

Ter unha mascota implica unha serie de responsabilidades que todos deben cumprir. Responsabilidades que, ás veces, parecen estar esquecidas.

Os carteis foron deseñados por Tania Solla e Polo Correo do Vento e serán repartidos en diferentes zonas verdes da cidade. Neles recórdase a veciñanza que as sancións por non recoller os excrementos dos cans poden ascender aos 500 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí