Pontevedra> O 2017 chegou pisando forte a Pontevedra coa creación do primeiro Club de Baile na cidade. Un espazo que chega á capital de provincia como club federado a nivel nacional e coa modalidade de baile deportivo como actividade principal. Dende a directiva desta entidade convidan a todos os membros da familia, dende os dous anos ata os máis de 90, a formar parte deste proxecto.
Pontevedra está de noraboa xa que dende comezos deste 2017 conta cun Club de Baile Federado, o primeiro da cidade. Un centro que ten o baile deportivo como principal actividade. Dende este ano e grazas a este club a cidade do Lérez poderá participar e puntuar nos campionatos da Federación Española.
Pero ollo, que quede claro que este club chega a cidade para o desfrute de todos os membros da familia. Non hai que ser profesional nin moito menos. O único que tes que ter para formar parte deste centro é ganas de bailar e ser maior de 2 anos.
Actualmente están aterrando na cidade e imparten as súas clases os martes, mércores e xoves no centro Leste, en fronte do Sagrado Corazón. Se queren obter toda a información sobre este club poden facelo no propio centro ou no seu facebook Pontevedra Club de Baile. Un centro que abarca a meirande parte das especialidades dentro do baile de salón.
Na fin de semana realizaron unha presentación por todo o alto no Centro Comercial de A Barca. Agora é o seu turno, se teñen ganas de bailar e de pasar un bo rato xa o saben dende Club de Baile de Pontevedra agardan a súa visita.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/baile_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/baile_pontevedra.mp4{/flowplayer}