Falecen tres mariñeiros poienses ao afundirse a súa embarcación fronte a Combarro

POIO> O afundimento cobrouse a vida de tres dos seus cinco tripulantes. Foi no entorno das 10:00 da mañá cando se localizou a nave afundida a uns 15 metros de profundidade polos buzos da Garda Civil. A pesar disto non foi ata o medio día cando o corpo sen vida do último dos tripulantes que faltaba por aparecer chegou a terra escoltado polos GEAS da Garda Civil. Moita dor a vivida este mércores no peirao de Combarro. Tres dos cinco tripulantes do cerqueiro, con base en Portonovo faleceron, un foi atopado nunha batea e o quinto nadou durante máis dunha hora e media ata chegar a terra onde pediu axuda. Os tres falecidos son o patrón, Francisco Castiñeiras e os pescadores, Jesús Ligero e Florentino Carballo, estes dous últimos pais dos mariñeiros sobreviventes, Carlos Carballo Rosales e Adrián Ligero. O último en aparecer foi o corpo sen vida do patrón da embarcación, que chegou ao peirao de Combarro no entorno do medio día. A embarcación fixo unha parada no porto de Marín e sobre as 04:00 da madrugada, volvía a porto. No seu traxecto de volta chocou contra unha batea e afundiuse entre Tambo e Combarro a unha milla da costa. Pasadas as 05:30 da mañá foi localizado un dos tripulantes na praia de Combarro e na hora seguinte unha embarcación particular e o helicóptero de Salvamento Marítimo Pesca 1 localizaron dous cadáveres na auga e un cuarto mariñeiro con vida e ferido, que conseguiu agarrarse a unha batea. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/27/rescate_naufraxio_combarro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/27/rescate_naufraxio_combarro.mp4{/flowplayer}