O Acueducto do Ulla Premio San Telmo 2015

PONTEVEDRA> A ministra de Fomento, Ana Pastor asistiu esta mañá a un acto en Pontevedra, e alí destacou que o Viaduto do Río Ulla, “é a principal e a máis espectacular estrutura do Eixo Atlántico”. O Premio San Telmo do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia recaeu nesta edición sobre esta estrutura.

 

Este luns celebrouse en Pontevedra a entrega do Premio San Telmo 2015. Un recoñecemento que outorga o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia. A ministra de Fomento, Ana Pastor asistiu o acto en el destacou a importancia desta estrutura, da que dixo que “é a principal e máis espectacular estrutura do eixo Atlántico”.

Na súa intervención a ministra destacou a importancia do Eixo Atlántico que rexistra dende a súa posta en marcha, a mediados de abril do ano pasado, máis de dous millóns de viaxeiros.

 

A titular de Fomento en función, afirmou que durante os últimos catro anos dende o seu Departamento traballouse para dotar a Galicia das infraestruturas necesarias para continuar crecendo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/28/pastor_premio_acueducto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/28/pastor_premio_acueducto.mp4{/flowplayer}