Feijóo destaca o “produto galego” nos premios Pontevedreses do ano

Pontevedra> O Auditorio de Afundación acolleu a entrega dos premios Pontevedreses do ano. Un acto ao que asistiu a presidenta do Congreso dos Deputados, o presidente da Xunta e o alcalde da cidade, entre outras autoridades. Un evento que premia a persoeiros da cidade vencellados coa Cultura, a empresa, a universidade, a Labor Social ou o Deporte. O Diario de Pontevedra outorgou un ano máis os premios Pontevedreses do ano do 2016. Nun acto celebrado no Auditorio de Afundación onde asistiron numerosas autoridades. Entre elas a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, quen agradeceu o traballo que este xornal fai pola Boa Vila. Neste acto tamén estivo presente o alcalde de Pontevedra, directivos de Abanca e Ence, empresas patrocinadoras, e o presidente da Xunta de Galicia, quen descantou o enorme potencial que temos na nosa comunidade. Una nova edición onde o premio pontevedrés de Honra foi para Miguel Carballeda, o premio de Deporte foi para o Club de Baloncesto Marín Ence PeixeGalego, o premio no eido da Cultura recaeu en Jorge Castillo, o premio na categoría de investigación foi para Alicia Estévez, o premio a labor social foi para a fundación amigos do Camiño Portugués e xa po último o premio na categoría de empresa que foi para o grupo Nogar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/05/premios_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/05/premios.mp4{/flowplayer}