López recoñece que a saída de Bueno e Alvés e a solución “máis lóxica”

    VILAGARCÍA> A expulsión de Ramón Bueno e Miguel Alves de Esquerda Unida está dando moito que falar en Vilagarcía estes días. O voceiro do Grupo Municipal Suso López afirma que é unha decisión que se tiña que tomar de maneira formal. O voceiro sinala que a lentitude deste proceso debeuse en parte ao feito de aplicar os estatutos da formación. As malas relacións existentes no núcleo de Esquerda Unida en Vilagarcía continúa a dar que falar. A recente expulsión de Miguel Alves e Ramón Bueno da formación, é para o voceiro de Esquerda Unida na vila, Suso López, a decisión máis lóxica tendo en conta a situación de ruptura do Grupo Municipal. Para López na práctica esta situación non debería afectar o traballo do partido. O feito de que Alves non entregue a súa acta como concelleiro, segundo López, non vai a afectar ao rendemento do Grupo Municipal de Esquerda Unida, xa que para o voceiro, dende xuño do ano pasado xa estaba funcionando como concelleiro non adscrito. López asegura que as organizacións están por riba das persoas, e pide a afiliación unha maior implicación para continuar traballando polo proxecto de Esquerda Unida.