Centos de persoas asisten á XVI edición da Festa da Lamprea

    festa_lamprea copia.jpg PONTECESURES> Para atender a demanda, a organización preparou 1600 racións para as que empregaron 380 lampreas.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_LAMPREA.flv{/flowplayer}
     
    O bo tempo, a coincidencia coa festividade de San Lázaro, e o produto que protagoniza esta festa foron razóns máis que suficientes para que a décimo sexta edición da Festa da Lamprea, en Pontecesures, fora unha das máis multitudinarias, segundo a organización.
     
    Para atendela demanda dos comensais, catro cociñeiras prepararon 1600 racións para o que empregaron unhas 380 lampreas.Antes do remate da festa, agardaban vendelas todas.
     
    En empanada ou guisada ó estilo tradicional, á bodelesa. Estas eran as dúas maneiras das que se puido degustar este manxar. E entre os asistentes só había bos cualificativos para o resultado final. Ademais, a calidade prezo foi outra das bazas que destacaron.
     
    Un concurso de empanadas de Lamprea, un acuario onde se podía ver este produto do mar, actuacións musicais e animación infantil completaron a programación deste nova edición da Festa da Lamprea.
     
     
    Redacción Salnés