Paran as obras da praza do Souto de Rubiáns

    POLI_LOCAL_RUBIANS copia.jpgVILAGARCÍA> Membros da Asociación Veciñal frearon ás oito e media da mañá os traballos. Á tarde irrompía a Policía Local.

    {flowplayer}images/salnes/PARO_OBRAS_RUBIANS_NOITE.flv{/flowplayer}

    Os veciños de Rubiáns gañaron hoxe a primeira xornada do pulso que veñen mantendo co concello de Vilagarcía. Despois de acampar na praza do Souto desde primeira hora da mañá, conseguiron que nin escavadoras nin obreiros se puidesen poñer mans á obra. Ata que a primeiras horas da tarde, unha chamada lles alertaba da chegada da Policía Local.

    O xefe da obra agardou á chegada dos axentes para que fixeran constar no informe o paro obrigado dos traballos por circunstancias alleas á súa vontade. Esperan indicacións da empresa para saber se mañá se terán que presentar de novo ó traballo. Esta circunstancia estalles a causar certa inquietude. Confían cando menos en cobrar polas tarefas desempeñadas ata o de agora, aínda que se preguntan que acontecerá con todo o material adquirido se a obra se suspende de xeito definitivo e o concello perde a subvención. A pouco máis dun mes do prazo límite para rematar a primeira fase, o xefe de obra asegura que é posible rematala se o paro nos traballos non se prolonga máis dunha semana.

    Redacción Salnés