Telmo Martín novo alcalde de Sanxenxo en substitución de Gonzalo Pita

    SANXENXO> Telmo Martín volverá a ser alcalde de Sanxenxo despois de que esta mañá firmase un acordo de goberno co partido que encabeza Gonzalo Pita, actual alcalde da vila. Un novo goberno bipartito, no que previsiblemente non participará a actual edil de Seguridade Cidadá, Vanesa Rodríguez. Telmo Martín volverá a primeira liña da política municipal de Sanxenxo ao suceder a Gonzalo Pita a fronte da alcaldía. Despois de que o líder do SAL anunciase que deixaba a alcaldía, o popular Telmo Martín recoñecía a súa honestidade e a valentía de Pita para asinar un pacto co PP de Sanxenxo, que garantise unha estabilidade para a vila. Martín sinalou que Pita non será tenente de alcalde, senón que será un “vicealcalde”. Ambos partidos asinaron esta mañá un acordo de goberno no que se comprometeron a traballar en prol de diferentes proxectos moi importantes para a vila. Logo do rebumbio informativo na Casa do Concello… na rúa, como sempre, opinións para todos os gustos. Dado o momento político no que nos atopamos o acordo asinado entre as dúas formacións inclúe no punto 16 un pacto anticorrupción que sinala que a coalición romperá si nalgún momento algún concelleiro das súas agrupacións se lle abre xuízo oral por corrupción. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/19/telmo_aclamacion_alcalde_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/19/telmo_aclamacion_alcalde.mp4{/flowplayer}