POBRA> O acto foi aproveitado tamén para presentar o libro A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal. Un bo número de persoas asistiron na noite de onte no museo Valle-Inclán á inauguración oficial da exposición titulada A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal realizada polo ilustrador Héitor Picallo. A inauguración da mostra no foi ó chou, facéndoa coincidir co día no que se celebraba o Día Internacional dos Museos e tamén no ano no que se conmemora o trinta aniversario do museo, declarado monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional no ano 1976. Ademais das autoridades locais, o acto contou coa presenza do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, quen aludiu na súa intervención precisamente ós comezos deste museo, pioneiro nos estudos valleinclanianos. A mostra, que poderá visitarse ata finais de setembro, está composta por un total de cincuenta ilustracións que recollen os detalles escultóricos más significativos do edificio, así como as referencias arquitectónicas máis importantes. Con anterioridade levouse a cabo tamén a presentación dun ensaio sobre a historia deste emblemático edificio do que foi autor o propio director do museo, Antonio González Millán, no que aparecen tamén recollidas tódolos debuxos de Héitor Picallo realizados para a exposición.
Inicio Barbanza - Muros - Noia