Rianxo en Común insiste en pedir a dimisión da edil de Comercio

RIANXO> Rianxo en Común insiste novamente en pedir a dimisión da tenente de alcalde e edil de Comercio e Desenvolvemento Local, Mari Carme Figueira. Acúsana de darlle as costas ó sector empresarial da vila, tal e como quedou palpable na concentración realizada hai uns días na praza do Concello.

Dende Rianxo en Común critícana por non adoptar, neste tempo de pandemia, nin unha soa medida propia para facerlle fronte ás importantes perdas provocadas pola crise da covid, para axudar a reactivala economía local.

A formación alude tamén ó retraso no pago das axudas concedidas no marco do Programa PEL Reactiva da Deputación da Coruña se lle concederon a moitos establecementos comerciais e hostaleiros de Rianxo e que a día de hoxe aínda non percibiron.

Por todos estes motivos Rianxo en Común, como xa fixera en decembro pasado, volve a pedir a dimisión da edil, esixíndolle ó alcalde, Adolfo Muíños, que se non o fai, a cese decontado do seu cargo como responsable de Comercio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí